Encontro deportivo de hockey oleiros

Escola de patinaxe e hockey

O próximo domingo 14 de xuño, de 10:00 a 11:30 horas, celebraremos no Pavillón da Rabadeira un Encontro Deportivo de Hockey Oleiros dirixido aos nenos e nenas das nosas actividades extraescolares.

Durante a xornada disputaranse varios partidos adaptados ás diferentes idades e niveis, permitindo que os participantes desfruten dunha mañá de deporte, convivencia e diversión.

Para poder organizar os grupos e os horarios, pregámosvos que completedes o seguinte formulario antes do día 12 de xuño.

Formulario de inscrición

ESTE FORMULARIO XA ESTÁ PECHADO.