Inscricións BONO DEPORTE

A TER EN CONTA

Os beneficiarios do Bono Deporte podedes utilizalo para pagar as cotas do club, a partir desta mensualidade de xaneiro. Indicámosvos as instrucións e as condicións para poder aplicalo:

  • Cubrir o seguinte formulario cos datos de beneficiario da axuda
  • Debe aplicarse o bono completo (120 €), ou o importe máximo aplicable do Bono Deporte para pagar as cuotas mensuais que correspondan.
  • Debido ao tempo de xestión que nos leva esta tramitación, e a necesidade de realizarse de forma presencial, debemos limitalo a que só se aplique unha vez por usuario ou bono, e a usarse sobre mensualidades completas.

Importante

A xestión para o uso do bono (a través da aplicación da Xunta), e pago da cantidade en efectivo, débese realizar de forma presencial os días 18 de xaneiro de 19:30 á 20:30 h. ou 19 de xaneiro de 19 á 21 h. na Rabadeira.

Exemplo de uso

Sobre os 120€ do Bono, calcularemos o número de mensualidades necesarias para cubrir o bono (80%) e a cantidade en efectivo a pagar (20% +redondeo da mensualidade).

Por exemplo: se un xogador ten unha cota 40€/mes, aplicaríase sobre as cotas de xaneiro-febreiro-marzo-abril. O importe total serían 160 €, 120€ pagaríanse a través de bono, 40 € en efectivo no momento da súa aplicación (con emisión do recibo correspondente).

Formulario de inscrición