Dende o ano 2015

Club Hockey Oleiros

Breve historia

Primeiro clube de hockey do Concello de Oleiros

O clube fundouse en Marzo do ano 2015, dándolle continuidade a unha escola deportiva municipal xestionada polo Concello de Oleiros que levaba tres anos funcionando, creando así o Primeiro Clube de Hóckey a Patíns do Concello de Oleiros.

O Pavillón da Rabadeiraé a sede da celebración dos partidos de competición que se xogan na casa, e tamén a instalación principal para os entrenos dos distintos equipos.

Tamén mantense actividade no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz, así como no Pavillón do INEF en Bastigueiro.

Recentemente o Concello de Oleiros afrontou unha importante reforma das instalacións do Pavillón da Rabadeira, coa construción dun novo ximnasio, así como de novos vestiarios, accesos, etc. o que nos permite desfrutar en Oleiros dun dos mellores complexos deportivos para a práctica do Hóckey a Patíns de Galicia.

Benvidos á familia do Club Hóckey Oleiros!

O noso club medrou de maneira espectacular, o que nos abriu as portas a obxectivos deportivos aínda máis grandes e emocionantes. Pero máis aló das nosas aspiracións deportivas, o que realmente nos define non cambiou: dedicámonos a formar non só xogadores de hóckey, tamén damos especial importancia a inculcar valores como o compañeirismo, o compromiso e o esforzo. Estes principios son a base do noso club.

Lograr as nosas metas é un esforzo conxunto que só é posible grazas á dedicación, o traballo duro e a motivación incansable dos nosos adestradores, así como ao invaluable apoio e participación das familias.

Únete a nós nesta emocionante viaxe e Forza CHO!

Club Hockey Oleiros femenino - 001
Unha evolución de crecemento e consolidación da actividade deportiva que nos levou a contar nesta Tempada 21-22, con participación en TODAS AS CATEGORÍAS AUTONÓMICAS MASCULINAS.

Forza CHO!! 💪💙