Inscricións Club Hockey Oleiros 2025-2026
🏑 Queres formar parte da familia do CHO?
Benvid@ á páxina de inscricións do Club Hockey Oleiros, o primeiro clube de hóckey a patíns do noso concello. Se estás buscando unha actividade deportiva divertida, formativa e chea de emoción, este é o lugar axeitado para ti.
No CHO damos cabida a xogadores e xogadoras de todas as idades e niveis, desde a iniciación ata a competición, cun ambiente inclusivo e familiar no que o compañeirismo, o esforzo e a paixón polo hóckey son os protagonistas.
Nesta páxina poderás atopar toda a información necesaria para realizar a túa inscrición, tanto nas escolas deportivas como nos equipos federados. Se queres comezar a patinar, probar o hóckey ou continuar medrando connosco, aquí tes o primeiro paso.
Únete ao Club Hockey Oleiros e vive o hóckey a patíns como nunca antes.
Forza CHO!! 💪💙
Formulario de inscrición
"*" indica os campos obrigatorios