Churrascada Fin de Tempada CHO 2024/2025

O Club Hockey Oleiros quere celebrar o final dunha tempada chea de emocións, esforzo e ilusión cunha gran churrascada familiar, aberta a toda a nosa comunidade: xogadores/as, familias, corpo técnico, socios, patrocinadores e por suposto… a nosa afección!

Será un momento perfecto para compartir, rir, brindar por seguir facendo clube arredor dunha mesa.

📅  Data: 13 de xullo
⏰  Hora de comezo: 13:30 h.
📍  Lugar: Casa do pobo de Iñás

🎟️ Quen pode asistir:

Todo o mundo vinculado ao CHO:

🏑 Xogadores e xogadoras de todas as categorías
👨‍👩‍👧‍👦 Familias e persoas acompañantes
🎓 Adestradores/as e membros do corpo técnico
🙌 Socios/as do club
💙 Afección que nos apoia cada tempada

🍽️  O que inclúe:

O menú será churrasco de porco e criollos, bebida auga, viño e gasosa para adultos e auga e refrescos para nenos. De sobremesa xeados.

💶  Prezos:

  • 15 euros, por adulto ou maior de 13 anos (categorías infantil e maiores).
  • 10 euros, por menor de 13 anos  (categorías alevín, benxamín, prebenxamín e escola).
  • 10 euros, colaboradores*

CONSIDÉRASE COLABORADOR QUEN:

  • Atende ó menos en catro ocasións o bochinche ó longo da tempada.
  • Actúa de delegado/mesa nalgún dos equipos.
  • É patrocinador do club ou colabora coa captación dalgún patrocinador.
  • Vende, ó menos, dous talonarios de lotaría de nadal.
  • Colabora na gravación ou emisión de partidos e adestramentos.

✍️  Para REXISTRARSE, antes do 7 de xullo:

  • Paga por transferencia á conta ES89 0049 0007 2425 1225 3309, concepto: Churrascada – Nome e Apelidos.

    Despois de realizar o pagamento, podes:
    – Enviar o xustificante adxuntandoo durante a inscrición.
    – Entregar o xustificante o día da Churrascada.
  • Inscríbete neste formulario.

Animámosvos a participar e desfrutar dunha fantástica tarde de confraternización con todos nós na familia CHO.

Actualmente está pechado o formulario

Formulario de inscrición